Entradas
Mostrando entradas de mayo, 2020
Practicamos ritmos
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Aquí vos deixo un vídeo dunha profesora de música: Mª José Sánchez Se tendes un caldeiro e dous paus ou culleres de madeira podedes seguir os ritmos. Fíxádevos, 1º o fai ela e despois vós, como practicamos na clase de música. Isto servirá de adestramento para vosa próxima tarefa Comezamos xa! XOGO RÍTMICO en familia E para practicar en familia vos deixo a música do Can Can do músico francés Offenbach. Neste xogo rítmico cada un ten que facer o ritmo fixándose nos puntos da súa cor só cando están abaixo de todo. Pódese facer con menos xogadores, deixando de facer un dos ritmos. Instrucións : cada membro da familia escolle unha cor. Xogadora 1- azul ( box) - toca unha caixa de cartón coas mans ou cun bolígrafo Xogador 2- amarelo ( metal can)- toca unha lata de refresco cun bolígrafo Xogador 3- vermello ( cutlery) - entrechocando dous cubertos ( culleres, garfos...) Xogador 4- verde (lid) - toca unha tapa dalgún bote coas mans Cada debuxo vai indicando os golpes que...
Novas tarefas para maio
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Queridas familias, nenos e nenas: S e estivestes a facer as actividades do blogue de música do cole https://amusicadacaniza.blogspot.com para a 1ª quincena de maio, non é necesario facer as tarefas para imprimir, estare de s preparados para facer as seguintes tamén no mesmo blogue. A partir do luns 18 consultar o blogue e practicar as novas actividades escollidas para cada curso de primaria. Nuns días v ou propor unha tarefa na que vos teredes que gravar e mandar ao meu correo electrónico: ana@cpidacaniza.com Gracias polo voso esforzo e moito ánimo! Ana Para rematar estas Letras Galegas, déixovos ca música de Uxía Lambona e a Banda Molona onde cantan : "Verdescente"
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Queridas familias, nenos e nenas: Durante as semanas de confinamento, este blogue vaise converter nun espazo no que se irán expondo diferentes propostas de actividade musical. É imposible, levar a cabo as tarefas de danza, canto, instrumentación ... colectivas que facemos en clase, polo que as propostas que vos deixo son aquelas que, dada a circunstancia, mellor pódense levar á práctica desde o fogar. Levádeas a cabo na medida do que poidades. Para calquera consulta podedes poñervos en contacto comigo a través do correo do Centro:ana@cpidacaniza.com "Todo o día na casiña" Para todos este vídeoclip animado por Luz Beloso en que 8 voces femininas da música galega se unen para interpretar unha nova peza composta por Magín Blanco co obxectivo de animar a xente miúda da casa nestes días de confinamento, espero que vos guste.